michoRED 2008

¡¡ ATENCIÓN !! Por causas axenas a Asociación XIGa o lugar de celebración trasladase dende o colexio Sofia Casanova ata o albergue de Celas de Peiro (no mesmo concello de Culleredo), moi preto da Torre de Celas de Peiro, na páxina extendida tendes as rutas para chegar dendo o Colexio Sofia Casanova e dende A Coruña ata a nova ubicación

Aberta a inscripción para a nova edición da mitica michoRED que se celebrara do 20 o 22 de Xuño, nesta ocasión contamos con novidades:

A primeira delas, que o unico que che ofrecemos e local, mesa, silla, conexión a internet, rede de 100, servicios e duchas.
Segunda novidade, non cobramos un euro por participar, xa que o que ofrecemos non e ninguna vicoca.
Terceira, e mais importante, temos uns servidores que te cagas, con mais de 10 Tb.

* ¿Qué é?

Unha lanparty (ou simplemente party) é un evento onde os participantes asisten cos seus ordenadores. Para uns o obxectivo principal é compartir e intercambiar experiencias, información, coñecemento; para outros a oportunidade de xogar en rede cos seus compañeiros ou con novos contrincantes. Pero para todos é, sin duda, unha forma distinta de pasar unha fin de semana cos seus amigos.

Esta en concreto celebrase dentro dunha actividade maior, as noites do micho.

* ¿Canto custa?

A participación é gratuita.

* ¿Qué debo facer para inscribirme?

Para poder participar no evento deberas rexistrarte na web e cubrir o formulario de rexistro. Unha vez que cubras o formulario de rexistro non tardaras en recibir a confirmación de que conseguiches a tua plaza.

* ¿Qué traer?

O principal e o teu ordenador (para poder disfrutar da rede debera estar provisto dunha tarxeta de rede con conector RJ-45), pero tampouco debes esquecer o monitor, o rato e o resto dos perifericos que uses normalmente.

Tamen sera necesaria unha regreta para poder enchufar o ordenador, o monitor e o resto dos perifericos. Esta totalmente prohibido usar altavoces, deberas traer auriculares.

* ¿Cómo chegar?

Ruta dende o Colexio Sofia Casanova ata Celas de Peiro
Ruta dende A Coruña ata Celas de Peiro