XIGa

A asociación XIGa crease durante a primavera do ano 2007 no concello coruñes de Culleredo coa intención de celebrar unha lanparty nesta localidade.
A primeira toma de contacto realizase nesas mesmas datas coa colaboración e montaxe da MICHO-RED, unha pequena party a que asistiron unha quincena de valentes. A MICHO-RED estaba enmarcada nas Noites do Micho, unhas actividades de ocio alternativo da casa da xuventude.

Información Xeral
Denominación: Asociación XIGa
Domicilio social: Rua Manuel Azaña, 1 - 7B, 15670. O Burgo - Culleredo
Correo electrónico: xunta.directiva (arroba) xiga (punto) es
Natureza xurídica: Ley Orgánica 1/2002
Inscripción: 2007/010469-1 do rexistro central de asociacións de Galicia
CIF: G70111570
Ámbito territorial: Comunidade Autonoma de Galicia

Estatutos
Pode consultar os estatutos a traves da nosa web ou descargalos en formatos OpenDocument (ISO) ou PDF

Obxetivos estatutarios
- Promover as novas tecnoloxías da información.
- Facilitar o intercambio de experiencias e coñecementos entre afeccionados as novas tecnoloxías.
- Fomentar a difusión e o uso de estandares abertos e do software libre.
- Fomentar o uso do galego no mundo das tecnoloxías da información.

Xunta directiva
Presidente: Pablo Quintela Varela - presidencia (arroba) xiga (punto) es
Vicepresidente: Serafín Ernesto Villar Gómez - vicepresidencia (arroba) xiga (punto) es
Secretario: David Novoa Couceiro - secretaria (arroba) xiga (punto) es
Tesorero: Teresa Gema Alcalde Souto - tesoreria (arroba) xiga (punto) es
Vocal: Guillermo Pablo Cuervo López - vocal (arroba) xiga (punto) es

Asuntos relacionados coa LOPD
XIGa posee un arquivo de datos personais coa finalidade e a información e xestión das suas actividades e servicios. Este arquivo respeta a lexislación vixente (Ley Orgánica 17/99); por isto, se vostede cedeu os seus datos a nosa entidade para participar nalgunha das nosas actividades ou servicios, poderá exercer os seus dereitos de información, acceso, cancelación, rectificación e oposición a través da dirección de correo electrónico creada a tal efecto: lopd (arroba) xiga (punto) es (Asunto: LOPD), ou mediante comunicado por escrito o secretario da Asociación.