A participación no evento implica a aceptación e cumprimento das seguientes normas:
· A inscripción no evento realizarase unica e exclusivamente a traves desta web e seguindo as instruccións detalladas na sección faq
· A inscripción no evento e persoal e intransferible, non poderas cederlle a tu praza a ninguen.
· Os datos obrigatorios do formulario de inscripción deben ser reais e verdadeiros.
· Como participante teras dereito a un posto onde colocar o teu pc, no que teras a tua disposición un enchufe eléctrico e un cable de rede. Tamen teras dereito a participar en todos os concursos, talleres e actividades que se
realicen durante a party.
· Durante o evento a rede podera ser monitorizada sen previo aviso, tanto de forma xeral como de forma especifica, por motivos técnicos ou de seguridade.
· A organización podera realizar grabacións do evento e dos seus participantes por razóns de documentación ou seguridade.
· Para poder recibir a tua acreditación deberas presentar o teu DNI, tamen pode ser necesario que presentes o xustificante de ter realizado a doazón.
· O recinto permanecera aberto durante todo o tempo que dure o evento, cada vez que entres ou saias do recinto deberas mostrar a tua acreditación no control de porta.
· Deberas ter sempre contigo a acreditación cando estes dentro do recinto, xa que che pode ser requerida polos membros da organización en calquera momento do evento. É posible que tamen debas amosar o teu DNI para comprobar os teus datos.
· PROHIBESE:
- o consumo de calquera tipo de droga (incluidos tabaco e alcohol) ou substancia ilegal dentro do recinto onde se celebra o evento.
- a posesión de calquera tipo de material explícito que atente contra a dignidade ou honra de calquera persoa, tanto participante como allea o evento.
- a inclusión e uso no recinto do evento de calquera obxecto inflamable, asi como facer ou provocar lumes de calquera tipo.
- a utilización de calquera tipo de aparello eléctrico de gran consumo talles como microondas, fornos, estufas, etc. Tan só se permíte o uso do computador e os seus periféricos, asi como cargadores de móbiles ou pdas.
- a inclusión e utilización de altofalantes. Os participantes deberán usar cascos se queren escoitar música ou efectos sonoros das produccións nas que estean a traballar ou dos xogos dos que esten disfrutando.
- calquera forma de agresión física ou verbal, asi como calquera outra actitude violenta.
- calquera intento de sabotear ou causar un mal funcionamento da rede en si ou dos elementos que a forman. Asimesmo prohibese a manipulación destes elementos por calquera persoa sen previa autorización por parte da
organización.
· RECOMENDASE:
- manter o nivel de ruido o máis baixo posible, sobre todo durante as horas de descanso e tamen durante os momentos nos que se proxecten as produccións ou a organización faga uso da megafonía.
- que se encargades comida procuredes estar presentes no momento no que chegue o repartidor.
· DESCARGOS DE RESPONSABILIDADE
- A organización non se responsabiliza dos roubos e perdas de material que se produzan, así como de calquera dano ou mal funcionamento de calquera equipo e compoñente.
- Os materiais cos que se leva a cabo o evento son responsabilidade de todos, sendo necesario que sexan tratados co coidado que requiren, o mal uso destes materiais pode ser motivo de sanción.
- A organización non se fará responsable do contido do directorio "incoming" do FTP do evento.